* CONVOCATORIA DE PROBAS PARA O ACCESO AOS CICLOS MEDIO E SUPERIOR DA FORMACIÓN PROFESIONAL Presentación solicitudes:
Para os ciclos de grao medio do 13 e 23 de marzo de 2017.
Para os ciclos de grao superior: do 6 e 15 de febreiro de 2017.
Máis información: DOG nº 4, do 5 de Xaneiro do 2017
* A DEPUTACIÓN DA CORUÑA CONVOCA LISTAS PARA OS SEGUINTES POSTOS:
· EDUCADOR/A: Requisitos: Diplomado Educación social, Pedagoxía, Profesor educación primaria
· COCIÑEIRO/A: Requisitos: Graduado Escolar, Formación Profesional de 1º grao ou equivalente.
· ADMINISTRATIVO/A: Requisitos: Licenciatura universitaria en dereito, económicas ou empresariais, intendente mercantil ou actuario, ou Grao oficial universitario equivalente.
Prazo: ata o 13 de Febreiro de 2017 Máis información: BOP nº 15, do 23 de Xaneiro do 2016
* CONVOCATORIA DO PROCEDEMENTO DE RECOÑECEMENTO DAS COMPETENCIAS PROFESIONAIS ADQUIRIDAS A TRAVÉS DA EXPERIENCIA LABORAL.
-Atención sociosanitaria a persoas no domicilio
-Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
-Servizos para o control de pragas
-Xestión servizos para control organismos nocivos
-Socorrismo en espazos acuáticos naturais
-Socorrismo en instalacións acuáticas
-Extinción de incendios e salvamento
-Tanatopraxia
-Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural
Prazo: ata o 19 de Febreiro do 2017. Prazo para o de incendios: do 01/03/2017 ata o 31/03/2017 Máis información: DOG nº 13, do 19 de Xaneiro do 2017
* AXUDAS PARA O FOMENTO DA INICIATIVA EMPRESARIAL XÓVENES. DEPUTACIÓN DA CORUÑA: Axudas dirixidas a mozos e mozas de entre 25 e 35 anos empadroados en concellos da provincia que promovan iniciativas empresariais de nova creación no ámbito provincial, tanto persoas físicas coma xurídicas. As axudas cubrirán investimentos de ata 40.000 euros (excluído o IVE), dos cales o cincuenta por cento como máximo poderá ser subvencionado pola Deputación. Os gastos subvencionables son os relacionados con aplicacións informáticas, maquinaria, utillaxe necesario para a realización da actividade, mobiliario e equipos para o proceso de información.
Prazo: 03 de marzo de 2017 Máis información: BOP nº 10 de 16 de xaneiro de 2017
* AXUDAS A EMPRESAS PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Cada empresa solicitante poderá contratar como máximo a unha persoa traballadora por un período mínimo de doce meses, non sendo admisible máis dunha solicitude por empresa. A axuda cubre o 75% dos custos salariais totais da persoa traballadora incluídas as cotas á Seguridade Social, non sendo subvencionables outros conceptos derivados da contratación.
As persoas a contratar deberán cumprir unha serie de requisitos: estar empadroadas en calquera dos municipios da provincia da Coruña, estar en situación de desemprego no momento da contratación e inscrita como demandante de emprego no servizo público de emprego correspondente, non ter mantido unha relación laboral coa empresa beneficiaria da subvención dentro dos tres meses anteriores á data de contratación obxecto de solicitude da subvención, non ter relación de parentesco coa persoa empregadora e non ostentar cargos de dirección ou ser membros dos órganos de administración das entidades beneficiarias.
Prazo: 03 de marzo de 2017 Máis información: BOP nº 10 de 16 de xaneiro de 2017
Category: