Onte día 20 de xullo publicáronse no BOP dúas novas liñas de axudas PEL, enmarcadas dentro da liña 4, de financiamento europeo, PEL-Rurinnova e PEL-Relevo que se desenvolven a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, e teñen como obxectivo apoiar a inserción laboral, o autoemprego e o emprendemento entre a xuventude do rural e facer fronte ao declive demográfico nos municipios do rural coruñés.
Nestas datas estanse a levar a cabo obras no Punto de Atención á Infancia do Concello de Boimorto que veñen a solventar deficiencias detectadas na accesibilidade do Centro e aplicación de medidas correctoras en canto aos protocolos de evacuación do mesmo.
No DOG nº 53 do 17 de marzo publícase a orde do 8 de marzo de 2016 pola que se convocan axudas individuais para persoas con discapacidade, destinadas á adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal e á adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal.
Posen ser beneficiarios aqueles que cumplan algún dos seguintes requisitos: