Actualidad

Subvencións Deputación

Convocatorias de subvencións da Deputación Provincial dirixidas a entidades sen fins de lucro para actividades ou investimentos en: cultura, deportes, promoción económica ou servizos sociais BOP 217 do 14/11/13 Presentación ata o 20 de decembro. 

X Certame de Cantares de Reis

Un ano máis estamos a poñer en marcha un novo Certame de Cantares de Reis e xa son horas de dar novas del. Este ano pensamos que a data é ideal, pois o 4 de xaneiro cadra sábado. O plan que propoñemos ás cuadrillas é chegar quen queiran pola mañá arredor das once e iren cantar polas parroquias un pouco para quentar motores e recordarlle á xente que é tempo de Reices.

Fotografias English Surf Camp

Neste enlace podedes acceder a un album da English Surf Camp na que participaron dúas rapazas do Concello de Boimorto. A English surf camp trátase dun campamento para mozos/as entre 12 e 16 anos baseado nos deportes náuticos e na fala da lingua inglesa dun xeito lúdico e divertido.
Celebrouse na localidade de Carnota entre o 4 e o 11 de agosto.

Páginas

Suscribirse a Actualidad