Actualidad

Excursión as Termas da Chavasqueira en Ourense

O venres 24 realizarase unha excursión ás termas da Chavasqueira en Ourense. Terá que haber un número mínimo de 30 persoas inscritas para que se realice. Solicitar máis información no concello.
O prezo da actividade será de 26 Euros por persoa.

Inauguración da Miniresidencia e Centro de Día

O día 19 de marzo será a inauguración da Miniresidencia e centro de Día de Boimorto.
O acto dara comezo as 12 do mediodia coa recepción de personalidades e co descubrimento de placa conmemorativa. Acto seguido procederase a apertura das portas para que todo aquel que queira poida visitar o Centro.
Trala visita haberá unha degustación nunha carpa preto do edificio.
As fotos do evento:
Inauguración Miniresidencia e Centro de Día
Fotos Miniresidencia e Centro de Día

Entroido 2011

Baile de disfraces.
A partir das 6 da tarde no Pabellon Municipal.
Na festa haberá baile, chocolate e doces típicos do Entroido. Aquelas persoas que acudan poden colaborar traendo algún doce. O chocolate e o baile poñerao o Concello.
Invitamos a todos os nosos veciños /as a que veñan disfrazados, contaremos cun grupo musical, inchables, chocolate e obradoiros para os máis pequechos.
As fotos do evento:
Entroido 2011

Páginas

Suscribirse a Actualidad