Actualidad

Nomeamento de Suso de Marcos como Fillo Predilecto

O pasado 30 de decembro de 2010 aprovouse, por maioria absoluta no Pleno Municipal, o nomeamento de Suso de Marcos como Fillo predilecto de Boimorto. Este nomeamento foi promovido por 4 asociacións municipais en colaboración co Concello: "Asociación Rexurdimento dos Ánxeles", "Asociación Campo da Rula de Sendelle","Asociación Cultural Santa Maria dos Anxeles" e "Asociación Rápido de Dormeá".
Este constitúe a maior distinción que esta administración pode outorgar e con ela saldase unha debeda cun home que fixo moito por Boimorto e levou o nome de Boimorto por toda España.

Excursión á neve

O Concello organiza o Domingo 27 de febreiro unha excursión á pista de esquí de Leitariegos. Para máis información e follas de inscrición no sequinte enlace Excursión a Leitariegos .

Programa de Termalismo Social 2011

Un ano máis, o concello pon un marcha o programa de termalismo social. Consiste na visita a un balneario un día á semana para gozar das augas termais e do circuíto de sauna, duchas de contraste, etc..., no Balneario Compostela do concello de Brión. Irase durante 14 mércores consecutivos, comezando o día 19 de xaneiro. O prezo por día é de 9 euros, no que se inclúe a viaxe ida e volta no autocar, entrada ó balneario para facer uso das instalacións, préstamo das sandalias e toalla. Hai que levar gorro e recoméndase tamén levar unha toalla da casa para secarse despois.

Páginas

Suscribirse a Actualidad