Deporte

Clases de Pilates polas parroquias

Nos meses de Xaneiro a Maio, un día á semana e cunha hora de duración por sesión.
Mínimo de 10 persoas por parroquia.
O prazo de inscrición remata o venres  27 de decembro de 2013.
O prezo é de 12 euros mensuais para as persoas que conten co carné de socio do Concello e de 15 euros para o resto (bonificación pendente de aprobación plenaria).

Cabalgata de Reis

Domingo, 5 Enero, 2014 - De 00:00 hasta 23:59

Como todos os anos neste Nadal as súas Maxestades de Oriente visitarán o Concello de Boimorto. Os Reis virán a Boimorto o día 5 de xaneiro de 2014, a Cabalgata Real sairá ás 6 da tarde dende o Centro de Maiores e irá ata o Pavillón Polideportivo, onde os Reis recollerán as cartas aos cativos e poderán falar con eles para pedirlles os seus regalos en persoa. Cando as súas maxestades se retiren organizaremos unha sesión de Baile/Xogo no polideportivo para o desfrute de maiores e pequenos

Castañada Popular

Sábado, 26 Octubre, 2013 - De 00:00 hasta 23:59

O vindeiro 26 de outubro celebraresmos o magosto na Telleira de Boimil. Anotarse antes do día 22 na Casa do Concello. O prezo será de 6 € por persoa, este prezo inclue as Castañas e o Churrasco. A bebida non está incluida no prezo.
Animádevos a vir porque esta é unha festa para todos os veciños e teremos un Dúo Musical para amenizar a noite.
Contamos con vós!

Carreira Pedestre Popular

Como ven sendo habitual o Concello organiza para o mes de setembro a tradicional carreira pedestre popular e canicross.
Toda a info sobre regulamento e horarios.

Páginas

Suscribirse a RSS - Deporte