Aberta

Convocatoria Bolsa de traballo: Tractorista/Operario de Servizos Varios

No Boletin oficial da Provincia numero 47 de data 09/03/2018 sae publicada a convocatoria para a formación de Bolsa de traballo para realizar contratacións laborais temporais como tractorista/ Operario de Servizos Varios no Concello de Boimorto.

Prazo de presentación de instancias ata 16 de marzo de 2018 na Casa do Concello.

Convocatoria

I Bolsa de traballo Xerocultor/auxiliar de xeriatria da Residencia para persoas maiores e Centro de Día do Concello de Boimorto

Ven de se publicar no BOP numero 229 de 1 de decembro de 2017 as bases para a formación da I Bolsa de traballo Xerocultor/Auxiliar de xeriatria da Residencia para persoas maiores e Centro de Día do Concello de Boimorto.

O prazo para presentar solicitudes remata o vindeiro

12 de decembro de 2017 ás 14:00 horas.

As bases neste enlace:

Bop numero 229 de 1 de decembro de 2017

Convocatoria e aprobacion bases APROL Rural - Axuda a Domicilio

O Concello de Boimorto ven de asinar decreto de aprobación Bases APROL Rural - Axuda a Domicilio para  a contración de 2 auxiliares a tempo completo durante 9 meses.

 

A admisión de candidatos será segundo a selección realizada polo Servizo Público de Emprego de Melide.

As bases no enlace seguinte.

Convocatoria e aprobación de bases para a selección de persoal laboral temporal para brigada de prevención e defensa contra incendios forestais

Ven de se aprobar o decreto de convocatoria e aprobación de bases para a selección de persoal laboral temporal para brigada de prevención e defensa contra incendios forestais en vista da addenda do convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Boimorto para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante os anos 2016, 2017 e 2018 na que se reflexa a ampliación do periodo de operatividade para as brigadas de incendios ata o 30 de novembro de 2017.

Páginas

Suscribirse a RSS - Aberta