Aberta

Cuadrilla de incendios - 2015

Creanse os seguintes postos (2 cuadrillas): 2 Xefes de cuadrilla. 2 Peóns Conductores. 4 Peóns. O procedemento para a contratación será mediante o sistema de concurso-oposición cunha proba de aptitude fisica, valoración de méritos e proba práctica .

O contrato terá unha duración de 3 meses.

O prazo para presentar as solicitudes rematará o vindeiro Sábado 04 de xullo ás 14:00h. As bases vense nos enlaces de esta convocatoria.
 

1 Praza socorrista - Plans de Cooperación (Xunta de Galicia)

Un praza de socorrista a tempo completo durante 2,5 meses.
O acceso a este posto esta condicionado á sondaxe realizada polo INEM, para poder sair nesa sondaxe poden solicitalo na oficina do INEM de Melide onde lle daran toda a información necesaria.
As bases máis abaixo

1 Praza socorrista - Subvención Deputación

Un praza de socorrista a tempo completo durante 3 meses.
O prazo de presentación rematará: o 27 de xuño ás 14:00 horas
As bases máis abaixo

CONVOCATORIA 2 POSTOS CUADRILLA DE OBRAS E SERVIZOS MINIMOS - DURACIÓN 3 MESES

O Concello convoca 2 prazas para a cuadrilla municipal de obras e servizos minimos.
* 1 Posto de oficial de segunda.
* 1 Posto de Peón.
Cunha xornada semanal de 25 horas e a duración do contrato será de 3 meses. Esta contratación está subvencionada pola Deputación Provincial da Coruña.
A data limite para presentar a solicitude de participación será o 22 de Maio de 2015 (INCLUSIVE) pero, tal e como esixe a normativa da subvención, os interesados teñen que figurar na sondaxe que se realiza desde o INEM.

Páginas

Suscribirse a RSS - Aberta