Clases de Pilates polas parroquias

Nos meses de Xaneiro a Maio, un día á semana e cunha hora de duración por sesión.
Mínimo de 10 persoas por parroquia.
O prazo de inscrición remata o venres  27 de decembro de 2013.
O prezo é de 12 euros mensuais para as persoas que conten co carné de socio do Concello e de 15 euros para o resto (bonificación pendente de aprobación plenaria).
Nesta actividade mestúranse a forza muscular, control mental, relaxación e respiración. Desenvolvendo os músculos internos que axudan a manter o equilibrio corporal e dan estabilidade e firmeza á columna vertebral, terapia de rehabilitación e curación das dores de espalda.

Categoría: