Magosto Popular e Seran de Outono

O sábado 14 de novembro na Telleira de Boimil contaremos cunha nova xuntanza para celebrar o magosto a partir das 20:30 horas.
Haberá churrasco e castañas por un prezo de 6 € por persoa, a bebida como ata o de agora será a parte. Os menores de 12 anos non terán que pagar.

Para asistir debedes anotarvos no Concello ou no centro de maiores antes do 9 de novembro.

Despois FOLIADA cos Santiaguiños de Boimorto.