Actualidad

Biblioteca Municipal

 Podedes solicitar o préstamo de libros (infantil/xuvenil/novela...) da biblioteca municipal no Concello ou tamén podes solicitar a alta na plataforma de préstamo de libro electrónico para descargar e ler a través dos dispositivos e aplicacións móbiles.

Carne Xove

O seu obxectivo é facilitar os mozos e mozas de 12 a 30 anos o acceso a diferentes bens e servizos a través de descontos ou vantaxes. Estes bens e servizos abranguen todos os ámbitos: cultural, aloxamento, transportes, comercial, ensino, etc. Podes pasar pola OMIX deste Concello a solicitalo.

Novas de Servizos Sociais

   * Comunícaselle ós propietarios de vivendas baleiras que as queiran alugar que a Xunta de Galicia ten un programa de vivendas baleiras para alugueiro social. Se queren inscribir a súa vivenda para este tipo de alugueiros póñanse en contacto cos servizos sociais do Concello de Boimorto.

Páginas

Suscribirse a Actualidad