- Contacontos para adultos, do actor da TVG Santi Prego. O 8 de outubro ás 9 da noite.
- Obra de Teatro “Se o sei… non volvo a casa” a cargo do Grupo de Teatro Asociación Cultural Charamela de Melide. O 22 de setembro ás 9 da noite.
Este será un curso preparatorio para todas aquelas persoas interesadas en presentarse na próxima convocatoria de exames do Celga organizados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. O curso será realizado pola Técnica de Normalización Lingüística do Concello con experiencia en este tipo de cursos. Traballaremos a gramática nun primeiro lugar e despois realizaremos textos como os que se fan nas probas.
Ábrese o prazo de preinscrición para ser usuario do Centro. Pese a non ser vinculante, esta lista dará unha referencia dos usuarios/as finais que vai a ter o centro que en todo caso non comezará a funcionar ata ter un 80% de ocupación.
Todos/as os/as interesados/as en ser usuario/a do Centro poderán facer dita preinscrición acudindo en persoa aos Servizos Sociais do Concello ou ben chamando ao 981 51 60 75 onde lle darán máis información sobre o Centro.