Actualidad

Fallo do xurado do III Certame de Relato Curto

Como ven sendo habitual co gallo do Día das Letras Galegas o Concello organizou un concurso de Minirelatos.

Programa Tempo de Lecer (Verán)

Durante o mes de xullo, en horario de 10:30h. a 13:00h. e de luns a venres, levaranse a cabo actividades na área recreativa da piscina para rapaces a partir de 6 anos. As actividades serán ao aire libre e no caso de que chova trasladarémonos ao colexio ou á casa da cultura. Haberá xogos, piscina, rutas de sendeirismo, obradoiros... Este ano non conteremos con servizo de transporte pero o programa será gratuíto.

Programa de recualificación profesional das persoas que esgoten a protección por desemprego

Axuda económica do 75% do IPREM mensual ate un máximo de 6 meses.
Beneficiarios/as:
-Persoas desempregadas inscritas nas Oficinas de Emprego, que ata o 15 de agosto de 2011 esgoten a prestación por desemprego de nivel contributivo e non teñan dereito a calquera dos subsidios por desemprego establecidos na lei, ou ben esgoten algún destes subsidios, incluídas as súas prórrogas.
-Carezan de rendas superiores en cómputo mensual ao 75% do SMI, excluída a parte proporcional de dúas pagas extras.

Páginas

Suscribirse a Actualidad