Normalización

Actividades extraescolares Municipais e da ANPA 2016/17

    * PROGRAMA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES MUNICIPAIS  PARA O CURSO 2016/2017 As clases comezan a semana do 3 de outubro e rematan a semana do 22 de maio.

Xogos Psicomotores:xogos para adquisición das habilidades motrices básicas que implican coordinación, equilibrio, saltos, xiros, lanzamentos, golpeos,… Destinado a nen@s da etapa de Ed. infantil. Horario: de 14:00 a 14:45 horas os luns para os de 4 e 5 anos e xoves para os de 3 anos.

CURSOS PREPARATORIOS CELGA

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia anuncia a convocatoria 2016 de cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), niveis 2, 3 e 4. Esta formación, de carácter gratuíto. Poderán participar todas as persoas maiores de 16 anos. A realización non da dereito a ningún tipo de certificación, por tratarse dun curso preparatorio. Para obter o Celga hai que participar nas probas que convoca a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

CABALGATA DE REIS

Martes, 5 Enero, 2016 - 18:00

O día 5 de xaneiro, os Reis Magos visitarán Boimorto. Ás 18:00 horas chegarán ó polideportivo para repartir agasallos para todos/as os/as cativos/as, no seu percorrido polo centro de Boimorto os Reis estarán acompañados dunha personaxe infantil. Dende as 17:30 haberá música, xogos e baile para todos no polideportivo. Para rematar contaremos cunha sorpresa para todos os asistentes.

CANTARES DE REIS DE BOIMORTO

Este evento ten como obxectivo fundamental o de fomentar a expresión artística e revalorizar a nosa identidade cultural, intentando recuperar a tradición dos Cantares de Reis que permanece aínda viva nesta nosa comarca e en moitas outras de Galicia.
Coa intención de conservala, darlle pulo e relevancia, este Concello de Boimorto convoca para o día 3 de Xaneiro de 2016, ás 16;30 horas o XII Certame de Cantos de Reis.

Páginas

Suscribirse a RSS - Normalización