Aclaración taxas servizo de abastecemento, lixo e sumidoiros

No taboleiro de anuncios electronico do Concello de Boimorto (ver o taboleiro) ven de se facer publico decreto (ver o decreto) ditado a semana pasada pola alcadía no que se aclara como se vai a proceder co cobro das taxas municipais de abastecemento de auga, lixo e sumidoiros.

No mesmo recollense as seguintes medidas:

  • Os recibos correspondentes ao 4 Trimestre de 2019 (que debido ao retraso que vimos arrastrando trala implantacion da nova aplicación informática inda non foron cargados na conta) vanse cargar en conta ao longo da segunda quincena do mes de maio 2020, tendo inda prazo de pago en voluntaria ate o o 14 de xuño deste ano. 

  • No tocante aos recibos do 1º e 2º trimestre de de 2020 farase unha única lectura, a do 2º trimestre posto que a finais de marzo que corresponderia facer a lectura do 1º non se puido facer polo estado de alarma. O cálculo das cotas farase sobre o semestre, en lugar de como se viña facendo trimestralmente, e o importe resultante repartirase en dous recibos que serán liquidados no segundo semestre deste ano cunha separación de alomenos 2 meses entres eles. 

 

Con estas medidas pretendese evitar cargar os recibos neste mes de mais apuro economicos motivado polo parón trala decreto de estado de alarma polo COVID-19.

Categoría: