Escolas Deportivas Municipais

ESCOLA DE FÚTBOL SALA
- Rapac@s de 6 a 11 anos (Primaria): Luns de 15:45 a 17:15 e Xoves de 15:45 a 17:00- Rapac@s de 12 a 15 anos (Secundaria): Martes e Xoves de 17:00 a 18:30.Realización de exercicios é actividades destinadas á iniciación e posterior perfeccionamento no deporte.
Participaranse en dúas ligas: Deporte Escolar que comenzará en Novembro ata Marzo e despois a continuación ca Liga Intermunicipal de Abril a Xuño. Os partidos xogaranse maioritariamente os sábados pola maña, agás algunha excepción que xogarase un venres ou nun festivo.
ESCOLA DE BADMINTON
- Rapac@s de 6 a 11 anos (Primaria): Venres de 15:45 a 16:45- Rapac@s de 12 a 15 anos (Secundaria): Venres de 17:00 a 18:00Realización de exercicios é actividades destinadas á iniciación e posterior perfeccionamento no deporte.Participaranse na competición do Deporte Escolar e tamén realizaranse algún encontro entre concellos.
PATINAXE
- Rapac@s de 6 a 11 anos (Primaria): Martes de 15:45 a 15:45Aprender a patinar mediante xogos, ritmo, imitación, étc. Os que xa saben farán figuras máis complicadas e actividades que requiran precisión e rápidez.Os participantes na actividade deberán traer os seus patíns e proteccións.
ESCOLA DE TIRO CON ARCO
- Maiores de 6 anos (inclúense adultos e persoas maiores): Venres de 19:30 a 21:30- Prezo: 10€ mensuais a pagar ó adestrador directamente.Haberá competición deportiva por distintos concellos da provincia, prioritariamente os sábados pola tarde.
XIMNASIA NAS PARROQUIAS
- Para persoas de 16 anos en diante:- Ánxeles: Luns e Mércores de 20:00 a 21:00- Boimorto: Luns e Mércores de 21:00 a 22:00- Arceo: Martes e Xoves de 18:45 a 19:45- Rodieiros: Martes e Xoves de 20:00 a 21:00As actividades irán enfocadas a manter a condición física a través de exercicios físicos, xogos deportivos, aeróbic, step, traballo con cintas elásticas...NOTA IMPORTANTE:Estas actividades darán comezo o luns 1 de Outubro e ramatarán o 31 de Maio. Non haberá actividade nas vacacións escolares e festivos.As actividades que tras o mes de Outubro non teñan un mínimo de 8 participantes serán canceladas.Entregar as follas de inscripción na conserxería do colexio.

Categoría: