I Encontro Peninsular Arredor dos Cantares en Tempo de Reis

A tradición dos Reis permaneceu viva ata hai pouco tempo en Boimorto, e en  toda a comarca, é por iso que dende hai dez anos vense celebrando un certame de cuadrillas de Cantares de Reis que comezou sendo concurso e rematou por ser mostra. Paralelamente convocáronse concursos de recolla de folclore arredor deste tempo e publicáronse un libro cd con recollas de toda Galicia e posteriormente editouse un cd con cantos de Nadal e Reis gravado polas cuadrillas participantes na mostra.

Este ano quixemos darlle unha volta máis no disfrute da nosa tradición e convocamos, ademais da Mostra de Cantares de Reis que se celebrará o día 3 de xaneiro, o  I Encontro Peninsular Arredor dos Cantares en Tempo de Reis. Puxémonos en contacto con xentes amantes e con opinión na  tradición das diversas culturas peninsulares e pedimoslles un traballo a cada un para expoñer en Boimorto o día 10 de xaneiro.

Este encontro pretende ser aberto á participación e á opinión e o seu obxectivo é o de reflexionar, compartir, debater e gozar arredor dos cantares e costumes en Tempo de Reis.

Para isto é para o que convocamos a tódolos interesados nesta actividade a asistir o día 10 de xaneiro a partir das dez da mañá e pasar connosco un día compartindo tradición e ilusión.

  • Serán sete os invitados principais que expoñerán cada un, durante vinte minutos, a poñencia ou comunicado elixido, tendo a continuación outros vinte minutos de debate e dez de descanso:

o       Por Cataluña Gianni Ginesi

o       Por Euskadi Josu Larrinaga

o       Pola Meseta José Antonio Alonso e Joaquín Díaz

o       Por Portugal Domingos Morais

o       E por Galicia Cristina Sánchez Carretero e Xesús Mato Mato.

  • Algúns dos convidados interpretarán unha mostra do folclore da cultura que representan.
  • Estableceuse liberdade para que calquera que queira participar poida facer o seu comunicado que será entregado a tódolos participantes. Cabe desde unha opinión razoada sobre  cuestións antropolóxicas, etnográficas, musicais... ata unha análise dunha canción deste tempo ou calquera aspecto que se xulgue interesante e teña a ver co tema.
  • Sería pois así a distribución do tempo:

o       10:00h.Recepción de participantes e convidados e inauguración do Encontro pola alcaldesa de Boimorto Dna. Ana Ledo

o       10:15h.Primeira poñencia, debate mostra de folclore.

o       11:05h.segunda poñencia, debate e mostra.

o       11:55h. terceira poñencia, debate e descanso.

o       12:45h.cuarta poñencia, debate e parada para xantar.

o       14:00h.Xantar.

o       16:00h.quinta poñencia , debate e mostra.

o       16:50h.sexta poñencia, debate e descanso

o       17:30h.sétima poñencia.

o       18:00h.Posta en común, debate e conclusións

o       19:15h.Clausura do encontro e contacto máis distendido para os que queiran quedarse.

  • Os comunicados que libremente calquera queira facer deberíansenos entregar cunha semana, polo menos, de antelación para así poderllos entregar a cada un dos poñentes e participantes.
  • Sería ben, para o bo desenvolvemento do Encontro que se nos comunicase, na páxina Web ou telefonicamente ó Concello de Boimorto, a participación neste Encontro para podermos prever a asistencia por cuestións de infraestrutura.

Mais info na web: www.concellodeboimorto.es

Organiza:   Concello de Boimorto

                    Servizo de Normalización Lingüística.

                    normalizacion.linguistica@boimorto.es

                    Teléfono: 981 51 60 20