Novas de Deportes

   * Campionato Provincial Bádminton: varios deportistas representarán a Boimorto neste campionato que se celebrará o sábado 7 en Cedeira. Acudirán en categoría benxamín feminino Noa Chorén e Mara Costoya, clasificadas en 1ª e 3ª posición respectivamente no intercomarcal. En categoría alevín feminino Sabela Lois e Silvia García clasificadas como 1ª e 2ª no intercomarcal. En alevín masculino Iñaki Gayoso, clasificado como 1º no intercomarcal. En infantil feminino Xoaña Ares e Marta Peteiro clasificadas como 3ª e 4ª. En cadete feminino Nuria Tomé como 3ª clasificada no intercomarcal. En cadete masculino Sergio Cajide, Diego Rodríguez e Adrián Abad clasificados como 1º, 2º e 3º no intercomarcal.

Asemade, queremos felicitar dende aquí a Aldara Mosquera (2ª prebenxamín), Alan Ioannu (8º alevín) e Lúa Costoya (9ª) que tamén tomaron parte no campionato intercomarcal celebrado en Boimorto o pasado 23 de abril.

   * Programa de Termalismo Social:o 25 de maio temos previsto comezar coas viaxes semanais ó balneario de Brión. Poderase obter máis información a partir do luns 11 de maio no Centro Social de Maiores ou tamén nas oficinas da casa do concello.

Tags: 

Categoría: