* Resultados Campionato Provincial Bádminton: En categoría Benxamín feminino, Noa Chorén acadou o segundo posto e Mara Costoya o oitavo. En categoría Alevín feminino, Silvia García finalizou 5ª e Sabela Lois 8ª; en masculino Iñáki Gayoso acadou o posto 13º. En Infantil feminino, Xoana Ares e Marta Peteiro acadaron os postos 7º e 8º respectivamente. En categoría Cadete masculino, Sergio Cajide rematou nun 5º posto. Dende aquí queremos felicitalos a todos polos resultados e transmitirlles os nosos parabéns. ¡Noraboa Campións!.
* Programa de Termalismo Social:neste mes, os días que se asistirá ó Balneario Compostela en Brión serán os mércores 1, 8, 15, 22 e 29. Para asistir chegará con inscribirse no centro de maiores ou nas oficinas do concello. O número de prazas máximo por día é de 25. O lugar de saída do autocar é o centro de maiores e a hora ás 15:00.
* Finais Liga Intermunicipal de Base de Fútbol Sala:Boimorto estará representado nas finais que se celebrarán o sábado 4 e o domingo 5 en Frades polos equipos Infantil, Cadete e Feminino. O primeiro en entrar en acción será precisamente este último, formado por Nerea, Andrea, Alejandra, Laura, Olalla, Ariadna e Sonia, competiendo xa o sábado ás 11:00 h na semifinal contra Melide B, xogándose a posible final ás 18:00 h. Xa o domingo, será a quenda para o equipo Infantil formado por Brian, Alex, “Pichi”, Dani, Nico, Alberto, Alejandra, José Antonio, Rubén e Andrea, que xogará a súa semifinal ás 11:30 contra Curtis. O equipo Cadete está formado por Brian, Sergio, Dani, Alberto, Jesús, Diego, Raúl e Gonzalo, que xogarán ás 13:00 h contra o Arzúa a súa semifinal.
Categoría: