CONVOCATORIA DOS PREMIOS "CAMIÑO DE SANTIAGO" 2016
OBXECTO: Distinguir as iniciativas públicas e privadas destinadas a conservar, mellorar e embelecer a contorna das distintas rutas do Camiño de Santiago, así como aqueloutras que supoñan novos servizos ou a innovación e a mellora daqueles que se prestan aos peregrinos, e ás accións específicas de divulgación e promoción, de xeito que se contribúa a un aumento da conservación, difusión e posta en valor do Camiño de Santiago e da cultura xacobea.
PRAZO: ata o 21 de Maio do 2016
Máis información: DOG 21 de Abril do 2016
* A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia convoca os procesos selectivos mediante concurso-oposición de :
- 12 prazas do corpo de Inspectores de Educación
- 478 prazas no corpo de profesores de Ensino Secundario
- 122 prazas no corpo de Profesores Técnicos de Formación Profesional
- 500 prazas no corpo de mestres.
Prazo: 9 de Maio de 2016 Máis información: DOG 19 de Abril do 2016
* PROGRAMA DE CREADORES NOVOS XUVENTUDE CREA 2016
Dirixido a mozos ou mozas galegos/as ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2016.
Establécense os seguintes premios por especialidade (teatro, artes plásticas, fotografía, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, deseño de xoias, moda e cociña):
- Un 1º premio de 3.000 €. – Un 2º premio de 1.500 €. - Un 3º premio de 1.000 €.
Prazo: ata o 30 de xuño do 2016 Máis información: DOG 22 de Abril do 2016
Categoría: