Visita Conselleira Medio Rural a UGASMA

A actual consellerira do medio rural, Ánxeles Vázquez, visitou o mécores 21 de outubro o concello de Boimorto. Concretamente achegouse á granxa UGASMA de Andabao onde quixo interesarse polo sector lácteo. A teniente alcaldesa do concello de Boimorto, María Jesús Novo acompañou á conselleira comprometéndose a apoiar á actual campaña “100% galego” de fomento do leite galego, mostrando a súa preocupación pola situación deste sector tan importante para Boimorto.
Nesta visita tamén contaron cunha excursión de amas de casa ás cales se lles informou sobre a importancia do consumo de leite 100% galego.