Axente de Emprego

Obradoiro de emprego - Lista provisional persoal directivo, docente e administrativo

Na data de hoxe ven de se facer publico na web do Concello de Touro anuncio referente a lista provisional de admitidos para o "Obradoiro Dual de Emprego Touro-Boimorto-O Pino" para os postos de persoal directivo, docente e administrativo de apoio.

Enlace a Web de Touro

Bases obradoiro e anexos de solicitude

Ven de se publicar no taboleiro de anuncios da sede electrónica as Bases reguladoras da seleccion do obradoiro dual de emprego Touro-Boimorto-O Pino asi como os anexos de solicitude de participacion.
O prazo de presentación da solicitude no proceso selectivo de persoal para o Obradoiro dual de emprego Touro- Boimorto- O Pino é de 5 días hábiles contados a partir da publicación do anuncio na Sede Electrónica do Concello de Touro.

Axudas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil

O Concello de Boimorto resultou beneficiario pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
da Xunta de Galicia das axudas destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema
nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración con entidades locais, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+Galicia 2021-2027.
 

Mantemento persoal técnico Cultura

O CONCELLO DE BOIMORTO obtivo subvención por importe de 10.000€ da Deputación da Coruña para

MANTEMENTO DE PERSOAL TÉCNICO

NOS SERVIZOS MUNICIPAIS DE CULTURA

dentro do programa FO206/2025 de subvencións a concellos e outras entidades locais para financiar gastos de persoal técnico nos servizos municipais de cultura en 2025, cun emprego da lingua galega fomentando o seu uso nas actividades culturais.

Páginas

Suscribirse a RSS - Axente de Emprego