Servizos Sociais

Belen Viviente

Domingo, 29 Diciembre, 2013 - De 00:00 hasta 23:59

Este Nadal o Concello organiza unha nova actividade que agardamos sexa do agrado de todos os veciños e visitantes. O 29 de decembro, a partires das 6 da tarde, na Igrexa Parroquial de Boimortoorganizaremos un Belén vivente, onde ademais da propia representación do Belén teremos actuacións de música de Nadal.
Todas aquelas persoas que queiran colaborar coa organización deste evento serán benvidas, non só para “actuar” senón tamén para colaborar coa preparación dos decorados ou o vestiario.
En próximas datas concretaremos máis o horario e información sobre a actuación.

Comida de Nadal no Centro de Maiores

Viernes, 20 Diciembre, 2013 - De 00:00 hasta 23:59

O venres 20 de decembro celebraremos o Nadal no centro de maiores. Faremos unha comida para todos aqueles maiores que queiran acudir. Teremos un xantar típico de Nadal e sortearemos unha cesta de produtos típicos entre os asistentes.
Para asistir só hai que anotarse no concello ou no centro de maiores antes do 16 de decembro. O pago realizarase no momento de apuntarse.
NON FALTEDES.

Colaboración coa Asociación Solidariedade Galega co pobo Saharaui.

O Concello está a colaborar coa asociación Solidariedade galega co pobo Saharaui. Esta asociación está a desenrolar unha campaña de recollida e reciclaxe de roupa e calzado usados (en bo estado). Aquelas persoas interesadas en colaborar poderán depositar a súa roupa e calzado usado no Concello falando cos servizos sociais, a campaña remata o 15 de novembro.

Programa de cooperacion - Prazas de traballo no Concello de Boimorto

Vimos de publicar na data de hoxe, na sección de emprego, 3 novas ofertas de emprego no Concello de Boimorto. Trátase de postos de traballo subvencionados ao abeiro dos programas de cooperacións. Vanse cubrir os seguintes postos:
* 1 Peón de medio ambiente a xornada parcial (20 h.)
* 1 Auxiliar de axuda a Domicilio a xornada parcial (20 h.)
* 1 Auxiliar de coidado de nenos a xornada parcial (20 h.)

Páginas

Suscribirse a RSS - Servizos Sociais