Servizos Sociais

Punto de Atención á Infancia

* Ábrese o prazo para a renovación de matrículas dende o 1 ao 15 de xuño(ámbolos dous incluídos).
* O prazo para as novas inscricións será dende o 20 de xuño ao 20 de xullo(ámbolos dous incluídos).
Información e solicitudes nos Servizos Sociais

Inauguración da Miniresidencia e Centro de Día

O día 19 de marzo será a inauguración da Miniresidencia e centro de Día de Boimorto.
O acto dara comezo as 12 do mediodia coa recepción de personalidades e co descubrimento de placa conmemorativa. Acto seguido procederase a apertura das portas para que todo aquel que queira poida visitar o Centro.
Trala visita haberá unha degustación nunha carpa preto do edificio.
As fotos do evento:
Inauguración Miniresidencia e Centro de Día
Fotos Miniresidencia e Centro de Día

Programa de Termalismo Social 2011

Un ano máis, o concello pon un marcha o programa de termalismo social. Consiste na visita a un balneario un día á semana para gozar das augas termais e do circuíto de sauna, duchas de contraste, etc..., no Balneario Compostela do concello de Brión. Irase durante 14 mércores consecutivos, comezando o día 19 de xaneiro. O prezo por día é de 9 euros, no que se inclúe a viaxe ida e volta no autocar, entrada ó balneario para facer uso das instalacións, préstamo das sandalias e toalla. Hai que levar gorro e recoméndase tamén levar unha toalla da casa para secarse despois.

Páginas

Suscribirse a RSS - Servizos Sociais