CANTARES DE REIS

De Domingo, 3 Enero, 2016 - 16:00 hasta Lunes, 4 Enero, 2016 - 15:59

Lugar evento: 

Polideportivo Municipal

  O Concello de Boimorto convoca para o día 3 de Xaneiro de 2016 o XII Certame de Cantos de Reis. Poderán participar cuadrillas de mozos/as, vellos/as ou nenos/as que se inscriban no Concello de Boimorto antes do día 24 de Decembro de 2015, chamando ó 981516 020, ou ben, mandando un correo ó enderezo silvia.cea@boimorto.es.

Interpretarán un cantar de reices cunha duración que non supere os cinco minutos. Establécense tres premios en metálico que se reparten do seguinte xeito: - Primeiro premio: 1.000 €, segundo premio: 600 € e un terceiro premio de 400 €.

O Xurado estará formado porespecialistas do folclore e da música tradicional, ademais dun representante do concello que actuará como secretario.

Valorarase: Que sexa un canto de Reis tradicional, enxebre e a autenticidade da peza. A afinación e dificultade da peza

Posta en escena ( isto non implica, nin se valorará o uso do traxe tradicional )