Magreco 2013

De Sábado, 6 Abril, 2013 - 00:00 hasta Domingo, 7 Abril, 2013 - 23:59

Lugar evento: 

Praza da Gándara - Boimorto

Boimorto celebrará os próximos 6 e 7 de abril de 2013 unha gran feira denominada MAGRECO, un evento no que contaremos cuns 40 postos de artesanía e produtos ecolóxicos que expoñerán e venderan os seus produtos, uns 25 expositores de maquinaria moderna e uns 20 tractores antigos que farán rememorar o comezo da modernización do campo. Contaremos ademais con actividades para os máis pequenos da casa (obradoiros, xogos populares,...), cata de produtos ecolóxicos e un concurso condución de tractor para adultos e pequenos.
Podese ver toda a info sobre Magreco 2013 na seguinte paxinaconcellodeboimorto.es/magreco2013 ou no facebook enfacebook.com/Magreco2013.