Na madrugada de hoxe, venres 21 de febreiro ao sabado 22 teremos un corte da auga da traída municipal a fin de solventar uns problemas detectados na rede de suministro. O corte terá lugar entre as 0:00 h. e as 4:00 h. desta madrugada aproximadamente.
Rogamos desculpen as molestias que lles poida causar este corte e tomen as medidas para que lles afecte o menos posible.
Ao efecto do artigo 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas faise publica as bases das axudas municipais de emerxencia social que se debatiran no próximo pleno ordinario do vindeiro venres 27 de decembro de 2019.
Na xornada de hoxe a Alcaldesa-Presidenta do concello de Boimorto en prevision de posibles incidencias ao longo da xornada de maña domingo e en base a alerta vermella decretada na practica totalidade da nosa comunidade ditou decreto de suspension das actividades ao aire libre en todo o termo municipal.