O luns 7 comeza o funcionamento do ximnasio que fica a carón de correos. Os interesados en usar este servizo deberán entrevistarse previamente co técnico deportivo, quen estará os luns e mércores de 18:00 a 20:00 horas e os venres de 18:00 a 19:00.
A Asociación vai a celebrar os 25 anos da creación da asociación e tentan reunir a todos os membros do grupo de baile e da directiva para conmemorar dita data.
Todos aqueles que formásedes e formades parte desta gran familia e queirades participar poñedevos en contacto cos membros da mesma a través do telefono de sempre 654 203 169, ou ben, a través da conta de e-mail santiaguinhosboimorto@gmail.com
Publicado o Decreto de formación da Bolsa e nomeamento para cubrir unha praza de Axente de Emprego e Desenvolvemento Local por baixa da titular.
Mais información na sección de emprego
Un dos servizos que se ofrecen dende o propio Centro Residencial é o servizo de comedor para os veciños que así o desexen. Os unicos requisitos para poder acceder serán os seguintes:
Ser maior de 65 anos
Ser maior de 60 anos e ser pensionista.
Para poder acceder ao comedor deberase recoller os tickets que estarán á venda no Centro Social de Maiores ou no propio Centro Residencial, este ticket será válido para un xantar ou unha cea.