O de 3 de xaneiro ÁS 16:30 celebrouse, un ano máis, o XI Certame de Cantares de Reis de Boimorto. O Certame é unha mostra de cantares tradicionais de reis, onde o bo facer de cada unha das cuadrillas, a harmonía e o empeño común de manter viva a nosa tradición é o mellor premio. Participaron 19 xugadas procedentes de todo o país galego que fixeron as delicias dos amantes do noso canto tradicional.