Axudas - Servizos Sociais

No DOG nº 53 do 17 de marzo publícase a orde do 8 de marzo de 2016 pola que se convocan axudas individuais para persoas con discapacidade, destinadas á adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal e á adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal.

 Posen ser beneficiarios aqueles que cumplan algún dos seguintes requisitos:

  • Ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ó 33% e que a súa capacidade económica non supere os 2.130,04€
  • Ser pensionistas da seguridade social cunha pensión de incapacidade permanente en grado total, absoluta ou gran invalidez e que a súa capacidade económica non supere os 2.130,04€
  • Ser pensionista de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión de xubilación ou de retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade e que a súa capacidade económica non supere os 2.130,04€

 TIPOS DE AXUDAS:Para sufragar gastos de fisioterapia, podoloxía, estimulación cognitiva, atención psiquiátrica, rehabilitación psicosocial, atención pedagóxica, atención psicológica, transporte adaptado, servizo de asistente persoal…….

 LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN:

SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO ATA O 17 DE MAIO.

Categoría: