No DOG nº 53 do 17 de marzo publícase a orde do 8 de marzo de 2016 pola que se convocan axudas individuais para persoas con discapacidade, destinadas á adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal e á adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal.
Posen ser beneficiarios aqueles que cumplan algún dos seguintes requisitos:
- Ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ó 33% e que a súa capacidade económica non supere os 2.130,04€
- Ser pensionistas da seguridade social cunha pensión de incapacidade permanente en grado total, absoluta ou gran invalidez e que a súa capacidade económica non supere os 2.130,04€
- Ser pensionista de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión de xubilación ou de retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade e que a súa capacidade económica non supere os 2.130,04€
TIPOS DE AXUDAS:Para sufragar gastos de fisioterapia, podoloxía, estimulación cognitiva, atención psiquiátrica, rehabilitación psicosocial, atención pedagóxica, atención psicológica, transporte adaptado, servizo de asistente persoal…….
LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN:
SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO ATA O 17 DE MAIO.
Categoría: