Axente de Emprego

Publicación puntuación entrevista alumnado obradoiro Arzúa-Boimorto-Santiso

Ven de se publicar no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Arzúa a puntuación das entrevistas que se estiveron facendo ao longo desta maña para ao alumnado do obradoiro.

Poden acceder ás mesmas neste enlace: Anuncio puntuación entrevista alumnado obradoiro de emprego

Convocatoria e modelos de solicitude obradoiro dual de emprego «Arzúa-Boimorto-Santiso»

Na data de hoxe, 29.09.2021, publicaronse no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Arzúa as Convocatorias e os modelos de solicitude para a selección do alumnado traballador e persoal do Obradoiro de emprego «Arzúa – Boimorto – Santiso».

O prazo para presentación de solicitudes será os dias 30 de setembro e 1 de outubro. Na publición do taboleiro recollense os distintos modelos a presentar en función do posto ao que se aspira (mestres – alumnado – dirección/administrativo).

Bases do obradoiro dual de emprego «Arzúa-Boimorto-Santiso»

 

Na data de hoxe, 27.09.2021, publicaronse no taboleiro de anuncios da sede electrónica as Bases para a selección do alumnado traballador e persoal do Obradoiro de emprego «Arzúa – Boimorto – Santiso».

¡IMPORTANTE! Obradoiro Dual de Empleo «Arzúa-Boimorto-Santiso»

Ven de se publicar no taboleiro electrónico da sede municipal nota informativa referente ao obradoiro na que se recolle cambio na data límite para inscrición no INEM.

Hai de prazo ata o 28 de setembro.

Páginas

Suscribirse a RSS - Axente de Emprego