O concello de BOIMORTO participa no proxecto RedeXiana2 xunto con outros 90 concellos da provincia da Coruña.
O proxecto é promovido pola Deputación da Coruña e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo. O seu obxectivo consiste en diminuir os niveis de desemprego da provincia a través da mellora profesional das persoas desempregadas e o apoio ao autoemprego. O proxecto inclúe un programa formativo que combina formación teórica con experiencia laboral en entidades e empresas da provincia de sectores económicos relacionados coa formación impartida.