Axente de Emprego

Contratación de 1 tecnico/a para o programa Aurora

Convocase unha praza de técnico/a para o desenvolvemento do programa Aurora, subvencionado polo Instituto da Muller.
O procedemento de contratación será o de concurso e a duración estimada do contrato será de 2 meses.A oferta completa.

Voluntari@s Miniresidencia

Programa de Voluntariado da Residencia en busca de novos colaboradores, xente que queira vir pasar unha xeira entretida cos nosos maiores e aprender da súa experiencia. Unha forma de darlle uso ao tempo morto no inverno.A maiores do cariño e xenerosidade da xente tamén recibirán un certificado acreditativo das horas invertidas (Valedorio, nalgúns casos, para o obtención do certificado de profesionalidade) e, ser o caso, unha axuda para os gastos de transporte e manutención.Para máis información e para anotarse poden dirixirse ao Concello.

Curso de cooperativismo 2012

Terá lugar o 16 de outubro no Baixo do Concello (no local do antigo Bar) no horario de seis da tarde ata as oito. A inscripción é gratuíta e poderá facerse no Concello (ou no 981 51 60 20). Trataranse os distintos tipos de cooperativismo, que se poden poñer en marcha ademais explicarán os trámites oportunos para a posta en marcha da mesma.

Puntuacións dos/as aspirantes nos procesos selectivos abertos

Publicada a Puntuación dos/as aspirantes nas probas celebradas no dia de onte e o Nomeamento dos Peóns de Medio Ambiente.
Mais info.

Páginas

Suscribirse a RSS - Axente de Emprego