Actualidade

Centro Social Municipal de Maiores

O Centro Social de Maiores do concello de Boimorto abrirá de novo o luns 1 de setembro. O servizo de autobús continuará, como de costume, pasando polas parroquias. As actividades comezarán a darse a partir do mes de outubro.
O luns, día 8 estará cerrado por ser festivo local e o luns 15 tamén estará cerrado por cuestións organizativas.
Esperamos a vosa asistencia e lembrarvos que o xoves 4 contaremos, de novo , coa feira.

FEIRA MENSUAL DE BOIMORTO

Coma sempre o primeiro xoves de mes teremos a nosa feira. Neste mes contamos co servizo de transporte como de costume. Lembrade que na feira podedes atopar de todo e o pulpo pódese comer alí ou levar para a casa.
O xoves 4 de setembro tedes unha cita en Boimorto, non faltedes.

Peons Xornada Parcial - RISGA

Faise publica o Decreto de Nomeamento de persoal laboral temporal peons protección e mantemento ambiental, persoal que foi seleccionado entre os veciños que perciben RISGA (Renda de Integración Social de Galicia) neste Concello de Boimorto.
Decreto de nomeamento.

Páxinas

Subscribirse a Actualidade