AXENCIA DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL
A Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Boimorto integrada na Rede de Técnicos de Emprego de Galicia, é un servizo de apoio e estímulo ás iniciativas dinamizadoras do tecido económico local.
É un instrumento da política de desenvolvemento local e de creación de postos de traballo que busca optimizar os recursos dispoñibles para acadarunhamaior eficacia das medidas a favor do emprego e desenvolvemento económico e social do territorio.
OBXECTIVOS:
- Fomentar o emprego e mellorar os mecanismos de acceso ao mercado de traballo.
- Favorecer, dunha forma especial, os colectivos con especiais dificultades de inserción.
- Elevar os niveis de formación e cualificación profesional.
- Impulsar o autoemprego e a capacidade emprendedora.
- Desenvovler os novosxacementos de emprego.
- Promocionar o asociacionismo local e voluntariado no territorio.
ORIENTACIÓN E INTERMEDIACIÓN LABORAL
- Asesoramento grupal e individualizado sobre os recursos que en materia de busca activa de emprego, formación para o emprego e emprendeduría.
- Servizo de apoio na procura de empregoaos demandantes remitidos desde o Servizo Público de Emprego de Galicia.
- Intermediación entre a oferta e a demanda, coa búsqueda de candidatos segundo as características solicitadas polas empresas e contacto cos/as potenciais candidatos/as para comunicarlles a oferta de traballo recibida. Entrega dos currículos á empresa: Envíanse por correo electrónico os que cumpren as características da oferta de traballo.
FORMACIÓN
- Accións formativas destinas a mellorar a cualificación profesional, a reciclaxeou a especialización dos cidadansdesempregadosou ocupados, adaptando a oferta formativa aosrequirimentos do mercado de traballo e facilitándo a súa inserción laboral ou promoción profesional.
ASESORAMENTO A EMPRENDEDORES
- Programa de apoio a persoas emprendedoras que querenpoñer en marcha un proxecto empresarial mediante o desenvolvemento de actuaciónsencamiñadas a apoiar e formar a persoas emprendedoras para simplificar todas as dificultades que se encontran no proceso de creación de empresas, a través de titorías personalizadas e formación a medida para a realización do seu plan de empresa.
ASOCIACIONISMO LOCAL E VOLUNTARIADO
- Asesoramentoa entidades sen fin de lucro para diferentes trámites ( constitución, modificación estatutos, xunta directiva, inscricións en rexistrosl,…), coa xestióndunrexistro municipal de asociacións.
- Tramitacións de axudas e subvenciónsás entidades sen fin de lucro do territorio de diferente tipoloxía( anpas, veciñais, voluntariado, xuventude, sociais, deportivas…), concesión de axudas nominativas municipaisásmesmas.
- Fomento do voluntariado local, sobre todo, no ámbito social corexistro e convenios de colaboración.
Contacto:
Ana María Vallo Camba
Axente de emprego e desenvolvemento local- Técnico local de emprego
Telf. 981 51 60 20
Correo: emprego@boimorto.es
Ver organismos de interese para emprendedores
Na actualidade o servizo de emprego deste Concello forma parte dunha agrupación de Concellos xunto cos de Arzua e Santiso. Mediante esta agrupación conseguiuse contratar unha técnica de prospección de emprego que asesora aos veciños dos 3 concellos á hora de conseguir traballo, curriculums,...
Novas
- 1 de 33
- seguinte ›