Patrimonio e Antigüedades

Dentro do Termo Municipal de Boimorto contamos con numerosos fitos que atestiguan a gran patrimonio de Boimorto.

Son numerosos os pazos así como as grandes casas de labranza. De entre eles sobresae o pazo de Vilanova en Dormeá, un pazo moi importante tanto por ser un dos máis grandes e mellor conservados do Concello, como por posuír unha das balconadas máis fermosas e cunhas vistas espectaculares. A lista é moi extensa, o pazo de Liñeiro (Os Anxeles), a casa do Boido (Boimorto), Pazo do Rego de pazo (Boimorto),... estes son so uns exemplos pero existen multitude deles repartidos por todo o noso Concello e merece a pena visitalos posto que son historia viva da nosa vila.

Outro dos grandes atractivos historicos é a arquitectura eclesiástica. A igrexa de San Blas, sita no lugar de O priorato (Dormeá) e a igrexa de Sta. Maria de Sendelle son as pezas mais significativas. A primeira non posúe un alto valor arquitectonico pero si se ten constancia da sua antiguidade.

No tocante á de Sta. María tratase dunha igrexa de gran valor arquitectónico e pictórico. Data do século XII e conta cunha planta dunha soa nave, sancristía lateral e na fachada un campanario de dous vans do século XVIII. No seu interior agocha quizais a parte mais importante cunhas pinturas moi interesantes e en bo estado de conservación

Sen dubida ningunha o principal atractivo neste eido para o noso Concello foi o achado en 1981 dun miliario romano que indica a presenza dunha vía romana polas terras de Boimorto. Este “hito” é testemuña do paso por Boimorto do Camiño de Santiago, o coñecido como Camiño do Norte.

Ver achado do Miliario