Actualidade

Folla Inscrición - Cooperativa de Vivendas.

Débese rellenar e entregar no Concello no prazo máis breve posible.
Acceso á folla de Inscrición.

Obra de Teatro - As Fabas Máxicas.

O domingo 27 de abril contaremos cunha actividade de dinamización lingüística.
O concello de Boimorto en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística ofrécenos a obra de teatro "As fabas máxicas" de Caramuxo Teatro. Unha bonita obra infantil, recomendable para todos os públicos.
A obra representarase na Casa da Cultura ás 17:30 horas.
Máis info.

Reunión informativa Cooperativa de Vivendas

Reunión informativa Cooperativa de Vivendas
O venres 25 de abril, ás 9 da noite, na Casa da Cultura de Boimorto teremos unha reunión informativa con todas aquelas persoas interesadas na compra dunha vivenda a un prezo mínimo, trataremos temas como:
Requisitos para ser socio da cooperativa.
Trámites e papel que desempeña o Concello.
Ubicación do edificio.
Custe final da construción.
Distribución das vivendas.
Funcionamento da cooperativa.
Dereitos e deberes dos socios.
Aportacións e entregas económicas.

Páxinas

Subscribirse a Actualidade