Deporte

Normas Torneo de Futbol3 e Futbol 5

O Concello organiza dous torneos de futbol co fin de amenizar estas vacacións e promover o habito do deporte.
Os partidos xogaranse en horario de mañá (11:00-14:00) para a categoría base e de tarde (16:00 a 20:00) para a categoría adulta. O torneo dará comezo o 10 de agosto, podendo anotarse no Concello ata o 8 de agosto.
Reglas do torneo

Excursión á praia de Gandarío.

Todos os luns, mércores e venres de verán poderase ir a praia. A empresa Gomserbus fará unha parada nas Corredoiras sobre as 15:10h. e volverá as 20:00h.
Non fai falta anotarse só é necesario estar na zona da parada. O coste é de 8€ por persoa.
Os días que non faga bo tempo e nos festivos non haberá o servizo.
 

Ximnasio Municipal.

Durante estes meses de verán o ximnasio municipal contará con persoal cualificado para asesorar ós usuarios que queiran facer uso da instalación. Lembramos que para facer uso deste servizo debe posuírse o carné de socio o cal se pode tramitar nas dependencias do concello.

III Ruta de Sendeirismo

Domingo, 28 Xullo, 2013 - 00:00 a 23:59

III RUTA DE SENDEIRISMO: “Descubre Galicia”.
Caracteristicas da ruta: Saída o domingo 28 de xullo de 10:00 a 14:00. Ruta Circular de 15 kms. aprox. Dificultade media
Sitio de partida e chegada: campo de fútbol municipal. Faremos un percorrido polas parroquias de Cardeiro e Buazo.
Recomendacións: calzado cómodo, gorra ou chuvasqueiro, calcetíns de reposto, levar comida e bebida (tentenpié).
Inscricións: ata o día 26 na casa do concello. Mínimo 10 participantes.
Prezo: Actividade gratuíta.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deporte