Deporte

Carné de Socio - Uso da Piscina e Ximnasio.

Xa está en marcha a campaña de actividades de verán, á que vos podedes anticipar solicitando na Casa do Concello o carné de socio que dá acceso á piscina, ximnasio e a calquera das actividades deportivas que se organicen. Asemade tamén dará acceso gratuíto a wi-fi no local da antiga cámara agraria, onde se pretende habilitar unha aula para tal fin.
A que esperas!!     Anticípate ó verán!!
Carné individual

Excursión ás Pías

Luns, 20 Maio, 2013 - 00:00 a 23:59

O luns 20 de maio excursión ás Pías. Desde o centro de maiores sairemos cara ás Pías para asistir a unha misa e despois quedaremos a xantar no mesón O Real.Todo polo prezo de 10 euros.
Para anotarse no centro de maiores (981 51 65 20) ou no Concello (981 51 60 20).
 

Ruta de sendeirismo - Etapa 1

Domingo, 5 Maio, 2013 - 00:00 a 23:59

Por mor do mal tempo que se aveciñaba para o 27 de abril decideuse modificar a data desta primeira ruta para o Domingo 5 de maio de 2013. Saída as 10:00 e chegada sobre a 1 do mediodía. Agaramosvos a todos.

Excursion a Portugal

Sábado, 11 Maio, 2013 - 00:00 a 23:59

O Concello organiza unha excursión para visitar duas zonas fermosas do país veciño, o Santuario do Bom Xesus (Braga) e Fortaleza (Valença do Minho). O prezo da excursión é de 25,00 € por persoa e inclúe o transporte, o almorzo e a comida.A saída farase dende o Campo do Rosario.
As inscrición faranse no Concello antes do 3 de maio, non perdades a oportunidade de visitar este privilexiados enclaves.
Mais información chamando ao Centro de Maiores 981 516 520.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deporte