Deporte

Magreco 2013

Sábado, 6 Abril, 2013 - 00:00 a Domingo, 7 Abril, 2013 - 23:59

Boimorto celebrará os próximos 6 e 7 de abril de 2013 unha gran feira denominada MAGRECO, un evento no que contaremos cuns 40 postos de artesanía e produtos ecolóxicos que expoñerán e venderan os seus produtos, uns 25 expositores de maquinaria moderna e uns 20 tractores antigos que farán rememorar o comezo da modernización do campo. Contaremos ademais con actividades para os máis pequenos da casa (obradoiros, xogos populares,...), cata de produtos ecolóxicos e un concurso condución de tractor para adultos e pequenos.

Magreco 2013

Podese ver toda a info sobre Magreco 2013 na seguinte paxinaconcellodeboimorto.es/magreco2013 ou no facebook en facebook.com/Magreco2013.

Publicada a acta da Selección de Animador Deportivo

Publicouse hoxe a Acta da Selección de Persoal para cubrir a excendecia do Animador Deportivo.
Enlace á Convocatoria

Excursión e Saidas - Actividades Culturais/Deportivas

Excursión a San Andrés de Teixido.
Día: O sábado 26 de xaneiro.Hora: Sairemos do Campo do Rosario ás 09:30.Idade: Todas as idades. Os menores deberán ir acompañados dun adulto.Prezo: 20€ coa comida incluída nun restaurante de Cedeira.Características: Visitaremos San Andrés de Teixido. Sobre as 12:15 horas haberá unha misa no santuario á que poderemos asistir. Unha vez rematada a misa iremos a xantar a Cedeira. Xa pola tarde e de volta pararemos nas Pontes de García Rodríguez a facer unha visita guiada.Inscricións: ata o 19 de xaneiro pola mañá.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deporte