* Recollida de Lixo: Recordamos aos veciños que nos contedores de lixo non se pode depositar nin restos de poda nin herba dos cortacéspedes. Estes tipos de refugallo pesa moito no contedor e supón un sobrecuste moi elevado na factura do lixo.
Presentouse oferta de emprego na oficina de melide para a cobertura de 1 praza de Peón Medio Ambiente. O procedemento de selección será mediante concurso-oposición.
O prazo de presentación de instancias segundo a sondaxe de demandantes de emprego realizada pola antedita oficina será como maximo o 15 de novembro de 2016 ás 14:00.
Na data de hoxe presentouse oferta de emprego na oficina de melide para a cobertura de 2 prazas de Auxiliar de Axuda a Domicilio. O procedemento de selección será mediante concurso-oposición.
O prazo de presentación de instancias segundo a sondaxe de demandantes de emprego realizada pola antedita oficina será como maximo o 15 de novembro de 2016 ás 14:00.