Actualidade

100 Cumpreanos

Na data de hoxe a Señora Esperanza Verea Taboada, veciña de Boimorto, cumpre 100 anos. A Alcaldesa, en representación de todos os veciños de Boimorto, fixolle entrega dun ramo de flores a fin de conmemorar tan soada data. Os mellores desexos para Esperanza que desfrute deste día na compaña dos seus.

Axuda a mellora das infraestructuras e do equipamento do Punto de Atención á Infancia. Programa operativo FEDER Galicia 2014-2020

 

O Concello foi beneficiario de unha concesion de axuda para o investimento na mellora das infraestructuras e do equipamento do Punto de Atención á Infancia, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020 (Numero de expediente BS403E-CO-8). O importe concecido ascende a 8.240,00 €.

Publicacion puntuacion concurso-oposicion Praza Director/a Residencia de persoas maiores e Centro de Dia

Na data de hoxe faise publica a Publicacion puntuacion concurso-oposicion Praza Director/a Residencia de persoas maiores e Centro de Dia.

Acceso á convocatoria

Tags: 

Páxinas

Subscribirse a Actualidade