Actualidade

Excursión á praia

O venres 29 de xullo o Concello organiza unha excursión á praia de Montalvo (Sanxenxo). A hora de saída será ás 10:00h. desde o colexio e o regreso en torno ás 20:30. Poderán participar todos/as pero os menores de idade deberán ir acompañados dun adulto que se faga responsable. Os interesados poderanse anotar no Concello antes do 27 de xullo. Haberá un límite de 50 prazas que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición e un mínimo de 30 participantes.
Esta excursión terá un custe de 9 € e non se incluirá a comida, os que vaian á excursión deberán levar cada un a súa comida.

Excursión ao Aquapark de Cerceda

O venres 5 de agosto iremos de novo de excursión ao Aquapark de Cerceda despois do éxito do ano pasado. A saída está programada para as 11:00h. desde o Campo do Rosario e o regreso ás 20:00h. Os interesados deberanse anotar no Concello antes do martes día 2 de agosto e contaremos cun límite de 50 prazas por orde rigorosa de inscrición. Como mínimo deberanse cubrir 30 prazas.
Os menores de idade non poderán ir sos e o acompañante que se faga cargo deles poderá levar un máximo de 5 cativos/as.

Accións formativas en Boimorto

Proximamente prevese a realización do seguinte curso de formación no Concello de Boimorto:
* Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais.
As persoas interesadas deberán ter demandando o curso no INEM de Melide, ademais de estar en situación de DESEMPREGO.
Estean atentos aos bandos e a esta páxina Web para máis información.

Páxinas

Subscribe to Actualidade