Actualidade

Certame de Cantares de Reis - X Edición

Un ano máis estamos a poñer en marcha un novo Certame de Cantares de Reis e xa son horas de dar novas del. Este ano pensamos que a data é ideal, pois o 4 de xaneiro cadra sábado. O plan que propoñemos ás cuadrillas é chegar quen queiran pola mañá arredor das once e iren cantar polas parroquias un pouco para quentar motores e recordarlle á xente que é tempo de Reices.

OMIX - Oficina Municipal de Informacion Xuvenil en Boimorto

 Oficina para informar, asistir e prestar o apoio en todos os asuntos que teñan que ver coa xuventude, tamén se pode tramitar o carné xove (para obter descontos e vantaxes en entidades e tendas colaboradoras e para poder acceder a actividades e a formación)
Recoméndase consultar a páxina xuventude.xunta.es, nela pódese consultar a oferta formativa, as bolsas e axudas (idiomas, prácticas, mobilidade) e emprego tanto público como privado.

Clases de Pilates polas parroquias

Nos meses de Xaneiro a Maio, un día á semana e cunha hora de duración por sesión.
Mínimo de 10 persoas por parroquia.
O prazo de inscrición remata o venres  27 de decembro de 2013.
O prezo é de 12 euros mensuais para as persoas que conten co carné de socio do Concello e de 15 euros para o resto (bonificación pendente de aprobación plenaria).

Páxinas

Subscribirse a Actualidade