Actualidade

Fotografias English Surf Camp

Neste enlace podedes acceder a un album da English Surf Camp na que participaron dúas rapazas do Concello de Boimorto. A English surf camp trátase dun campamento para mozos/as entre 12 e 16 anos baseado nos deportes náuticos e na fala da lingua inglesa dun xeito lúdico e divertido.
Celebrouse na localidade de Carnota entre o 4 e o 11 de agosto.

Colaboración coa Asociación Solidariedade Galega co pobo Saharaui.

O Concello está a colaborar coa asociación Solidariedade galega co pobo Saharaui. Esta asociación está a desenrolar unha campaña de recollida e reciclaxe de roupa e calzado usados (en bo estado). Aquelas persoas interesadas en colaborar poderán depositar a súa roupa e calzado usado no Concello falando cos servizos sociais, a campaña remata o 15 de novembro.

Actividades 2013-2014 . Centro de Maiores

O centro de maiores ofrece un amplo abano de actividades para todas/os as/os maiores do concello. Temos un ximnasio completamente equipado, que se ampliou neste mes, ofertando máis máquinas adaptadas ás vosas necesidades, ademais de ximnasia todos os luns, mércores e venres das 12:15 ás 13 horas.

Páxinas

Subscribirse a Actualidade