Actualidade

Movementos Bolsa emprego Auxiliares de Xeriatria.

Publicouse o Decreto de nomeamento dunha auxiliar de xeriatria por Baixa de maternidade e o estado actual da Bolsa de emprego.
Mais info.

Rede Xiana 2

O concello de BOIMORTO participa no proxecto RedeXiana2 xunto con outros 90 concellos da provincia da Coruña.
O proxecto é promovido pola Deputación da Coruña e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo. O seu obxectivo consiste en diminuir os niveis de desemprego da provincia a través da mellora profesional das persoas desempregadas e o apoio ao autoemprego. O proxecto inclúe un programa formativo que combina formación teórica con experiencia laboral en entidades e empresas da provincia de sectores económicos relacionados coa formación impartida.

Rede Cultural - Deputación da Coruña

Poñemos en coñecemento dos veciños que está aberto o prazo para solicitar as actuacións dentro da Rede Cultural promovida pola Deputación da Coruña. Para máis información ou solicitudes teñen toda a información na web da deputación:http://www.dicoruna.es/cultura/rede-cultural/ .
Para calquera dubida podense poñer en contacto tamen co Concello onde lles asesoraremos o mellor posible nesta materia.

Páxinas

Subscribirse a Actualidade