Rede Xiana 2

O concello de BOIMORTO participa no proxecto RedeXiana2 xunto con outros 90 concellos da provincia da Coruña.
O proxecto é promovido pola Deputación da Coruña e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo. O seu obxectivo consiste en diminuir os niveis de desemprego da provincia a través da mellora profesional das persoas desempregadas e o apoio ao autoemprego. O proxecto inclúe un programa formativo que combina formación teórica con experiencia laboral en entidades e empresas da provincia de sectores económicos relacionados coa formación impartida.
Ademáis ofrece orientación laboral para a inserción das persoas desempregadas e apoio na procura activa de emprego a través da titorizacion e seguimento persoal permanente. Este acompañamento persoalizado canalízase tamén a través do asesoramento especializado a persoas emprendedoras para a posta en marcha da súa idea empresarial.
Poderán acceder ao proceso de selección para participar no proxecto, as persoas desempregadas que estén empadroadas no concello e que cumpran os requisitos de acceso.
As áreas formativas ás que poderán optar serán as correspondentes a “ PRODUTOR/A DE HORTALIZAS ECOLOXICAS” e “ ACTIVIDADES AUXILIARES EN AGRICULTURA”, que se desenvolverán nos concellos de Arzúa, Boimorto, Melide, Toques, Santiso, Curtis, Sobrado e Vilasantar.
As persoas interesadas en recibir máis información poderán dirixirse á área de emprego do concello de Boimorto.
O prazo de inscrición remata o 10 de maio de 2013.
Máis info no seguinte enlace

Categoría: