Actualidade

Escolas Deportivas Municipais

ESCOLA DE FÚTBOL SALA
- Rapac@s de 6 a 11 anos (Primaria): Luns de 15:45 a 17:15 e Xoves de 15:45 a 17:00- Rapac@s de 12 a 15 anos (Secundaria): Martes e Xoves de 17:00 a 18:30.Realización de exercicios é actividades destinadas á iniciación e posterior perfeccionamento no deporte.
Participaranse en dúas ligas: Deporte Escolar que comenzará en Novembro ata Marzo e despois a continuación ca Liga Intermunicipal de Abril a Xuño. Os partidos xogaranse maioritariamente os sábados pola maña, agás algunha excepción que xogarase un venres ou nun festivo.
ESCOLA DE BADMINTON

Curso de cooperativismo 2012

Terá lugar o 16 de outubro no Baixo do Concello (no local do antigo Bar) no horario de seis da tarde ata as oito. A inscripción é gratuíta e poderá facerse no Concello (ou no 981 51 60 20). Trataranse os distintos tipos de cooperativismo, que se poden poñer en marcha ademais explicarán os trámites oportunos para a posta en marcha da mesma.

Devolución diñeiro Parking Festival de la Luz

Debido as condicións meteorolóxicas adversas que sufrimos o Domingo 23 de setembro tivose que cancelar a segunda xornada do Festival de la Luz - Cosecha 2012 polo que o Concello devolverá o diñeiro cobrado por adiantado para estancia no parking durante as duas xornadas.Os interesados poderan reclamar os 2€ na Casa do Concello no prazo máximo de 1 mes, para iso deberán presentar o correspondente ticket. Bando de Alcaldia.

Páxinas

Subscribirse a Actualidade