Actualidade

Excursion a Portugal

O 19 de novembro realizaremos unha excursión para visitar o santuario do Bom Jesús (Portugal), pola mañá farase unha parada no Feirón de Vilanova da Cerdeira.
O custo é de 30€ por persoa e inclúese almorzo, xantar e transporte.
Os interesados deben anotarse no Concello ata o día 11 de novembro (mínimo 50 persoas). Se o tempo non o permite cambiarase a excursión para outra fin de semana.
Saida será dende o Campo do Rosario ás 7:00.

Horario Ximnasia polas parroquias

Os horario da Ximnasia polas parroquias queda do seguinte xeito:
* Corneda: Luns e Mercores de 19:00 a 19:55
* Ánxeles: Luns e Mercores de 20:00 a 20:55
* Boimorto: Luns e Mercores de 21:00 a 22:00
* Arceo: Martes e Xoves de 18:45 a 19:45
* Rodieiros: Martes e Xoves de 20:00 a 21:00.

Cea-Baile de Nadal

O venres 16 de decembro, gran cea-baile de Nadal para todos os veciños/as. Este ano no Concello pensamos en celebrar unha xuntanza popular para celebrar estas datas tan importantes para todos, haberá cea que estará amenizada por un dúo musical e sortearemos unha cesta de Nadal.
A data límite para apuntarse é o 12 de decembro na Casa do Concello ou chamando ao 981 51 60 20.
O Custe da cea será de 20 €/persoa.

Páxinas

Subscribirse a Actualidade